sábado, 28 de noviembre de 2015

Sesión 21 novembro

Este sábado…

Comezamos con…

Unha dinámica para quentar motores, no que todos debiamos estar en circulo cos ollos pechados e un saía fora da aula e os demais tiñan que adiviñar quen faltaba.

Continuamos con…
A realización dun mural onde cada un poñía a silueta da súa man e dentro dela os sentimentos tanto positivos como negativos que lles transmitía a música.
Por outra parte, algo moi importante na realización do noso musical son os decorados, por iso neste dia comezamos a realización do noso decorado para a parte do musical de Grease.



Seguimos con…
Dinámicas con música: Desplazamonos bailando o ritmo da musica, en canto parase a música cada un debía facer caso a consigna que eu lles dicía, por exemplo: abrazar a alguén que vaia de branco.
Mega construcións: En grupos de 4/5 persoas, debiamos construír no máximo silencio posible o seguinte: un castelo, unha pirámide e a Estatua da Libertad.

Finalizamos con…
Os ensaios das cancións de Grease e Michael Jackson, non podemos adiantar moito máis…Haberá que esperar a representación final!!!!!!
Vémonos o próximo 12 de decembro!!!! Acordádevos de traer as letras aprendidas e sobretodo de vir con moita enerxía e ganas  J

Calquera dúbida que teñades podedes escribila no blog ;) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario