No noso taller sempre nos
dedicamos a primeira hora a unhas cantas dinámicas de expresión e a segunda
hora o ensaio das coreografía finais.
Neste día, as dinámicas
que realizamos foron as seguintes:
Dinámicas de
recoñecemento dos nosos compañeiros
-
Recoñecer os
compañeiros cos ollos cerrados, un no medio do circulo cos ollos pechados, dáselle
voltas e ten que recoñecer o menos tres compañeiros.
-
O tren cego,
Todos cos ollos pechados, só o último os ten abertos para guiar o resto. As
consignas son: Tocar ombreiro dereito xirar a dereita, tocar o ombreiro
esquerdo xirar a esquerda e tocar ambos ombreiros todo recto.
Dinámicas de expresión
-
Furor de
cancións: En 2 equipos, deben cantar cancións que conteñan as palabras: amor,
medo, sol, chorar, alegría e corazón. Nesta dinámica ámbolos grupos deixaron fluír
a súa creatividade e a súa memoria.
-
Na seguinte
actividade por grupos de tres/catro persoas tiñan que representar a escena que lles
tocaba: unha voda, unha situación de acoso escolar, tristeza e unha boa
noticia.
-
A seguinte
dinámica coa que finalizamos esta primeira parte serviu para perder un pouco o
medo a expoñernos diante de todos. Cada un tiña unha frase cun mensaxe positivo
que debían recitar en voz alta subidos a unha cadeira diante dos seus
compañeiros/as.
2º parte da clase
En circulo e sentados
fomos lendo pouco a pouco as letras dos números escollidos de Grease. Fixemos
unha breve improvisación da canción de “You’re the one that I want” de Grease.
Dividimos as voces cantantes e os coros.
Na ultima media hora as
nosas encargadas de vestiario e decorado foran pensando múltiples opcións para
cada número de Grease.
As decisións
tomadas con respecto o vestiario e decorado é unha sorpresa que teredes que
esperar o verdadeiro “Show final”!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario