lunes, 16 de noviembre de 2015

1º Sesión "Coñecémonos e tomamos decisións"

1º Sesión 24/10/2015

Nesta primeira sesión, fixemos unha serie de dinámicas para coñecernos mellor uns os outros.
-   
Dinámicas de coñecemento
D
- “A telaraña” : Colocámonos en círculo, un colle o ovillo de la e di o seu nome e un hobbie e lánzallo a outro membro do grupo. Esta persoa fará o mesmo: dirá o seu nome e un hobbie e así sucesivamente. Antes de lanzar o ovillo a outra persoa debemos suxeitalo nós para, deste xeito, ir enchendo o círculo coma se fose unha telaraña. Cando todos os membros presentáronse, o ovillo recóllese se imos cara atrás e imos devolvendo o ovillo a quen nolo pasou dicindo o seu nome e o hobbie que dixera.

Os meus 5 sentidos:  Repártese un folio por participante e cada un debe escribir:
- Algo que lle guste oír.
- Algo que lle guste tocar.
- Algo que lle guste ver.
- Algo que lle guste cheirar.
- Algo que lle guste degustar.
Cando todos o cubran, recóllense todas as follas e repártense aleatoriamente unha a cada participante. Por orde, cada un irá lendo o que está escrito e intentará adiviñar quen o escribiu. Os demais poden axudarlle.

Dinámicas de expresión
- 
  1,2,3 Música
Repartímonos polo aula, con música de fondo vamos andando entre os nosos/as compañeiros/as, cando a monitora de unha palmada debes saudar xusto a persoa que tes do lado, cando a monitora de dúas palmadas debemos quedarnos mirando fixamente o un o outro e cando se den tres palmadas bailamos coa persoa que máis cerca este.
-         Representando
Dividímonos en grupos de 4 persoas, cada grupo debe representar unha situación cotiá e o resto do grupo debe adiviñar.

Unha vez realizadas estas dinámicas, vamos pouco a pouco coñecéndonos mellor e perdendo o medo a expresarnos diante de outros, pilar fundamental para poder representar xa sexa unha obra de teatro como un musical.

Selección de musicais
Tras as dinámicas, aproveitamos para adentrarnos un pouco máis no mundo dos musicais, para iso seleccionamos unha serie deles con grande éxito tanto en Broadway como a nivel mundial, escollemos os números máis famosos de cada un e vímolos. Os musicais foron:
-        Grease
-        Cats
-        El fantasma de la Ópera
-        Los miserables
-        El rey león
-        Chicago
-        Michael Jackson “This is it”

Tras a proxección, colgáronse os carteis de todos os musicais pola aula, cada un debería de dar o seu voto a aquel que desexase representar, tras un curto debate, os musicales seleccionados foron:
-         Grease
 Michael Jackson

-         
Nos últimos minutos de clase encargámonos de asignar tarefas dentro destes musicales, polo tanto hai rapaces/as que teñen os seguintes roles, aparte de actuar:
-         Música
-         Vestiario
-         Maquillaxe
-         Decorado
-         Cantante
-         Axudante de coreografía



No hay comentarios:

Publicar un comentario