Este sábado…
Comezamos con…
Unha dinámica para
quentar motores, no que todos debiamos estar en circulo cos ollos pechados e un
saía fora da aula e os demais tiñan que adiviñar quen faltaba.
Continuamos con…
A realización dun mural
onde cada un poñía a silueta da súa man e dentro dela os sentimentos tanto
positivos como negativos que lles transmitía a música.
Por outra parte, algo moi
importante na realización do noso musical son os decorados, por iso neste dia
comezamos a realización do noso decorado para a parte do musical de Grease.
Seguimos con…
Dinámicas con música:
Desplazamonos bailando o ritmo da musica, en canto parase a música cada un debía
facer caso a consigna que eu lles dicía, por exemplo: abrazar a alguén que vaia
de branco.
Mega construcións: En
grupos de 4/5 persoas, debiamos construír no máximo silencio posible o
seguinte: un castelo, unha pirámide e a Estatua da Libertad.
Finalizamos con…
Os ensaios das cancións
de Grease e Michael Jackson, non podemos adiantar moito máis…Haberá que esperar
a representación final!!!!!!
Vémonos o próximo 12 de
decembro!!!! Acordádevos de traer as letras aprendidas e sobretodo de vir con
moita enerxía e ganas J
Calquera dúbida que
teñades podedes escribila no blog ;)