O
seguinte taller consiste na realización dun musical, dende a música pasando
polos escenarios, o estilismo, todo realizado por vós, coa axuda tanto da
monitora como dunha serie de musicales que iremos vendo o longo do taller. Por
outra parte, neste taller realizaranse dinámicas tanto para perder o medo a
actuar en público como para mellorar a expresión corporal. Tamén contaremos
cunha masterclass, na que unha persoa adicada o mundo do cine e da TV
relataranos a súa experiencia e poderá contestar tódalas vosas preguntas. Este
taller non é so para aqueles que se queiran dedicar exclusivamente a cantar e
bailar nun musical, neste taller damos cabida a todo o mundo, xa que como ben
dixemos antes un musical consiste nun proceso creativo, no que necesitamos non
só artistas que canten senón tamén persoas que elaboren o guión, persoas que
utilicen instrumentos para compoñer a música…
Porque todos temos un artista
dentro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario