domingo, 17 de enero de 2016

O dia 23 espéranos unha gran sorpresa

Si si o próximo sábado espéranos unha gran sorpresa porque teremos nin máis nin menos a dous actores da nosa televisión.....

Antonio Mourelos e...




Lucia Regueiro


Os rapaces terán a oportunidade de formularlles as preguntas que eles/as queiran e así poder coñecer un pouco máis do mundo do audiovisual.
E para rematar o día faremos a gravación do noso mix musical.


PD: Rapaces/as recordade traer o vestiario



sábado, 28 de noviembre de 2015

Sesión 21 novembro

Este sábado…

Comezamos con…

Unha dinámica para quentar motores, no que todos debiamos estar en circulo cos ollos pechados e un saía fora da aula e os demais tiñan que adiviñar quen faltaba.

Continuamos con…
A realización dun mural onde cada un poñía a silueta da súa man e dentro dela os sentimentos tanto positivos como negativos que lles transmitía a música.
Por outra parte, algo moi importante na realización do noso musical son os decorados, por iso neste dia comezamos a realización do noso decorado para a parte do musical de Grease.



Seguimos con…
Dinámicas con música: Desplazamonos bailando o ritmo da musica, en canto parase a música cada un debía facer caso a consigna que eu lles dicía, por exemplo: abrazar a alguén que vaia de branco.
Mega construcións: En grupos de 4/5 persoas, debiamos construír no máximo silencio posible o seguinte: un castelo, unha pirámide e a Estatua da Libertad.

Finalizamos con…
Os ensaios das cancións de Grease e Michael Jackson, non podemos adiantar moito máis…Haberá que esperar a representación final!!!!!!
Vémonos o próximo 12 de decembro!!!! Acordádevos de traer as letras aprendidas e sobretodo de vir con moita enerxía e ganas  J

Calquera dúbida que teñades podedes escribila no blog ;) 

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Qué nos espera o dia 21???





2º sesión

2º sesión 14/11/2015

No noso taller sempre nos dedicamos a primeira hora a unhas cantas dinámicas de expresión e a segunda hora o ensaio das coreografía finais.
Neste día, as dinámicas que realizamos foron as seguintes:

Dinámicas de recoñecemento dos nosos compañeiros
-          Recoñecer os compañeiros cos ollos cerrados, un no medio do circulo cos ollos pechados, dáselle voltas e ten que recoñecer o menos tres compañeiros.
-          O tren cego, Todos cos ollos pechados, só o último os ten abertos para guiar o resto. As consignas son: Tocar ombreiro dereito xirar a dereita, tocar o ombreiro esquerdo xirar a esquerda e tocar ambos ombreiros todo recto.

Dinámicas de expresión
-          Furor de cancións: En 2 equipos, deben cantar cancións que conteñan as palabras: amor, medo, sol, chorar, alegría e corazón. Nesta dinámica ámbolos grupos deixaron fluír a súa creatividade e a súa memoria.
-          Na seguinte actividade por grupos de tres/catro persoas tiñan que representar a escena que lles tocaba: unha voda, unha situación de acoso escolar, tristeza e unha boa noticia.
-          A seguinte dinámica coa que finalizamos esta primeira parte serviu para perder un pouco o medo a expoñernos diante de todos. Cada un tiña unha frase cun mensaxe positivo que debían recitar en voz alta subidos a unha cadeira diante dos seus compañeiros/as.

2º parte da clase
En circulo e sentados fomos lendo pouco a pouco as letras dos números escollidos de Grease. Fixemos unha breve improvisación da canción de “You’re the one that I want” de Grease. Dividimos as voces cantantes e os coros.
Na ultima media hora as nosas encargadas de vestiario e decorado foran pensando múltiples opcións para cada número de Grease.
As decisións tomadas con respecto o vestiario e decorado é unha sorpresa que teredes que esperar o verdadeiro “Show final”!!



lunes, 16 de noviembre de 2015

1º Sesión "Coñecémonos e tomamos decisións"

1º Sesión 24/10/2015

Nesta primeira sesión, fixemos unha serie de dinámicas para coñecernos mellor uns os outros.
-   
Dinámicas de coñecemento
D
- “A telaraña” : Colocámonos en círculo, un colle o ovillo de la e di o seu nome e un hobbie e lánzallo a outro membro do grupo. Esta persoa fará o mesmo: dirá o seu nome e un hobbie e así sucesivamente. Antes de lanzar o ovillo a outra persoa debemos suxeitalo nós para, deste xeito, ir enchendo o círculo coma se fose unha telaraña. Cando todos os membros presentáronse, o ovillo recóllese se imos cara atrás e imos devolvendo o ovillo a quen nolo pasou dicindo o seu nome e o hobbie que dixera.

Os meus 5 sentidos:  Repártese un folio por participante e cada un debe escribir:
- Algo que lle guste oír.
- Algo que lle guste tocar.
- Algo que lle guste ver.
- Algo que lle guste cheirar.
- Algo que lle guste degustar.
Cando todos o cubran, recóllense todas as follas e repártense aleatoriamente unha a cada participante. Por orde, cada un irá lendo o que está escrito e intentará adiviñar quen o escribiu. Os demais poden axudarlle.

Dinámicas de expresión
- 
  1,2,3 Música
Repartímonos polo aula, con música de fondo vamos andando entre os nosos/as compañeiros/as, cando a monitora de unha palmada debes saudar xusto a persoa que tes do lado, cando a monitora de dúas palmadas debemos quedarnos mirando fixamente o un o outro e cando se den tres palmadas bailamos coa persoa que máis cerca este.
-         Representando
Dividímonos en grupos de 4 persoas, cada grupo debe representar unha situación cotiá e o resto do grupo debe adiviñar.

Unha vez realizadas estas dinámicas, vamos pouco a pouco coñecéndonos mellor e perdendo o medo a expresarnos diante de outros, pilar fundamental para poder representar xa sexa unha obra de teatro como un musical.

Selección de musicais
Tras as dinámicas, aproveitamos para adentrarnos un pouco máis no mundo dos musicais, para iso seleccionamos unha serie deles con grande éxito tanto en Broadway como a nivel mundial, escollemos os números máis famosos de cada un e vímolos. Os musicais foron:
-        Grease
-        Cats
-        El fantasma de la Ópera
-        Los miserables
-        El rey león
-        Chicago
-        Michael Jackson “This is it”

Tras a proxección, colgáronse os carteis de todos os musicais pola aula, cada un debería de dar o seu voto a aquel que desexase representar, tras un curto debate, os musicales seleccionados foron:
-         Grease
 Michael Jackson

-         
Nos últimos minutos de clase encargámonos de asignar tarefas dentro destes musicales, polo tanto hai rapaces/as que teñen os seguintes roles, aparte de actuar:
-         Música
-         Vestiario
-         Maquillaxe
-         Decorado
-         Cantante
-         Axudante de coreografía



Qué é iso de "O show final"?

O seguinte taller consiste na realización dun musical, dende a música pasando polos escenarios, o estilismo, todo realizado por vós, coa axuda tanto da monitora como dunha serie de musicales que iremos vendo o longo do taller. Por outra parte, neste taller realizaranse dinámicas tanto para perder o medo a actuar en público como para mellorar a expresión corporal. Tamén contaremos cunha masterclass, na que unha persoa adicada o mundo do cine e da TV relataranos a súa experiencia e poderá contestar tódalas vosas preguntas. Este taller non é so para aqueles que se queiran dedicar exclusivamente a cantar e bailar nun musical, neste taller damos cabida a todo o mundo, xa que como ben dixemos antes un musical consiste nun proceso creativo, no que necesitamos non só artistas que canten senón tamén persoas que elaboren o guión, persoas que utilicen instrumentos para compoñer a música…


Porque todos temos un artista dentro!